A voceira do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia González, dixo en "Más de Uno Ourense" que o proxecto de soterramento da Praza de Concepción Arenal que prevee o goberno local de Democracia Ourensana é "inviable e impagable" explicando que ascende a 20 millóns de euros e que debería contar con informes de varias administracións.
González Benéitez dixo tamén que o Concello deberá actualizar taxas de servicios "en precario" como as do auga ou recollida de lixo e abordou outros asuntos como a precaria situación do termalismo, a importancia de salvar o monumento da máquina de ferrocarril ubicado en A Ponte e en avanzado estado de deterioro ou o proxecto de contrucción dun Hotel Balneario na zona da Chabasqueira, considerando que é "positivo", pero insertado nun inexistente modelo termal na cidade.