O Concello de Ourense reabrirá este mes ao público as áreas termais públicas e gratuítas da Chavasqueira e O Muiño da Veiga. Así o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo de constatar que xa están practicamente rematadas as obras realizadas polo Concello para adaptar estes espazos termais á nova normativa autonómica.
O goberno municipal prevé que os dous espazos volvan estar operativos a finais do mes de outubro. Con eles, a cidade recuperará todos os puntos termais da marxe dereita do río Miño cos que contaba antes da pandemia da COVID-19 e da nova normativa autonómica que regula este tipo de espazos.
A Chavasqueira e o Muiño reabriran ademais cun réxime de “bastante flexibilidade”, avanzou o alcalde, coa finalidade de ampliar o número de persoas que poidan utilizalas de xeito simultanea, dentro das posibilidades de cada unha das instalacións. Para iso, se realizará unha “interpretación correcta” da normativa actual, que garanta un acceso fluído de persoas, similar ao realizado recentemente na zona termal de Outariz.