resas advertiu no Pleno dos problemas de seguridade e sobrecarga laboral que vén denunciando o persoal da UCI dende a reforma deste servizo, unha “boa nova sobre o papel” que na práctica adoece dos recursos precisos. A nova UCI, subliñou, abriu hai catro meses, o mesmo tempo que o persoal leva dirixíndose á xerencia do hospital e mobilizándose para advertir das “deficiencias materiais e procedimentais” detectadas tras o traslado ás novas instalacións.
O BNG non pon en cuestión as novas instalacións, que son precisas “moi especialmente nun hospital como o de Ourense que basicamente é o dos remendos” , aclarou Presas, advertindo que “é de malos xestores investir oito millóns de euros e que haxa os problemas materiais que denuncia o persoal, e que se incumpra o rateo de persoal recomendado”.
A deputada nacionalista lembrou ademais ao conselleiro que este non é o único conflito aberto na sanidade pública de Ourense, onde tamén está a protestar a persoal de urxencias, a comisión de centro, o colexio de médicos, ou o persoal de Atención Primaria. “Cando hai tantas voces e tan diferentes poñendo en riba da mesa a saturación e a falta de persoal na cidade ourensá é porque hai un problema real que vostedes non queren ver”, concluíu Noa Presas.