Municipal

Noelia Pérez (PP): "Non nos gusta que o Alcalde teña gastado xa 1,5 millóns en festexos"

A edil do PP no Concello de Ourense, Noelia Pérez, declarou en Más de Uno que non lles gusta nada a modificación de creto que pretende aprobar o Alcalde para festexos por que dun orzamento de 390 mil euros xa leva gastado 1,5 millóns.

Paco Sarria

Ourense | 18.09.2024 13:09

Noelia Pérez repasou en Onda Cero as partidas nas que Pérez Jácome pretende que a oposición lle aprobe modificacións de creto sinalando que poñen de manifesto que hai obras sen pagar, proxectos de mobilidade vertical sen pagar e outros proxectos na mesma situación consecuencia de que o goberno de Democracia Ourensana non sexa quen de aprobar uns orzamentos.

A concelleira popular repasou tamén outros asuntos de actualidade como a falla de información sobre o accidente do coche do edil de infraestructuras ou sobre o aparcamento indebido dun coche usado pola concelleira Noa Rouco para marchas de vacacións a Marrocos co tamén edil Antonio Fernández.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora