Turismo

Nova oficina de atención aos visitantes na casa lo Legoeiro

Con máis de 200 metros cadrados en dous andares, dá resposta ao crecemento de visitantes á cidade, onde o turismo internacional está medrando un 29% .

Óscar Gómez

Ourense |

Nova oficina de atención aos visitantes na casa lo Legoeiro
Nova oficina de atención aos visitantes na casa lo Legoeiro | onda cero

A Xunta de Galicia vén de reforzar a actividade turística de Ourense coa apertura da nova oficina de turismo da cidade e cunha nova inxección económica que permitirá diversificar e especializar a oferta da provincia. As instalacións da nova oficina de Turismo da Xunta na cidade tras rematar os traballos de rehabilitación do edificio que a acolle, a Casa do Legoeiro, na Ponte Romana, onde a Xunta investiu preto de 300.000 euros.

Como explicou, trátase dunha infraestrutura “estratéxica” -mudou a sede da rúa Concello á Ponte Romana, ao pé da Vía da Prata- que permitirá “dar un salto cualitativo para facilitar e mellorar a atención daqueles que visitan esta cidade, que cada vez son máis”, salientou. Neste sentido, referiuse aos máis de 52.000 viaxeros que acolleron os hoteis e pensións da cidade nestes primeiros cinco meses do ano, o que supón un incremento do 3% con respecto ao ano pasado. “E a demanda turística, con máis de 95.000 noites é a mellor deste que temos rexistros”

Tamén fixo mención á crecente internacionalización da cidade xa que o turismo internacional medrou en Ourense un 29% e acadou os mellores niveis da historia con preto de 16.000 noites. Do mesmo xeito salientou a importancia dos peregrinos para a cidade de Ourense, que realizan a Vía da Prata e que este ano foron máis de 4.600 os que recolleron a Compostela tras realizar este itinerario, o que supón un incremento do 19% con respecto ao ano anterior.

A nova oficina de turismo xa está aberta ao público. A intervención da Casa do Legoeiro supuxo a remodelación dun inmoble histórico que ofrece un espazo de 200 metros. O edificio conta con dous andares, un mostrador de recepción ao público, despachos para a área termal e unha sala de exposicións, ademais dun xardín exterior, almacén e baño.

Ademais de funcionar para a atención e información aos visitantes, tamén está previsto dinamizala con exposicións para poñer en valor recursos turísticos da provincia como o termialismo, entroido, gastronomía, artesanía, posta en valor de produtos amparados polo selo Galicia Calidade ou destinos como a Ribeira Sacra, entre outras.