Atletismo

Novamente a marcha galega destaca no nacional de ruta

A marcha galega volveu dar mostras da súa gran calidade esta fin de semana durante a disputa do Campionato de España de Federacións Sub16 e Sub20 e Campionato de España absoluto e máster

Óscar Gómez

Ourense | 01.03.2023 08:52

Novamente a marcha galega destaca no nacional de ruta
Novamente a marcha galega destaca no nacional de ruta | onda cero

Dous bronces e sete postos de finalistas no individual e no colectivo, foi o balance logrado pola nosa selección galega. Sen lugar a dúbidas o más salientable e como xa informamos, foi o excelente resultado logrado por Aldara Meilán quen lograba ese importante título individual que a confirman definitivamente como unha das nosas máis esperanzadoras apostas de futuro. Precisamente Aldara foi quen capitaneou a selección galega Sub20 feminina a esa fantástica medalla de bronce por equipos e na que xunto a campioa de España tamén estiveron facendo un magnífico campionato Natalia Rivas quen entraba nun importante 7º posto e Oleksandra Kostenko que facía o propio no 10º. Completaban a actuación galega Andrea Cainzos e Noa Abelleiras nos postos 21ª e 29ª.

Os rapaces Sub20 tamén estiveron ás portas da zona de podio logo de rematar cunha puntuación total de 38 puntos e na que Pablo Sánchez na 12º posición foi o mellor clasificado. Xunto ao lucense entraban en meta Nicolás Collazo e Andrés González nos postos 22º e 23º.

No categoría Sub16 feminina, sétimo posto para a nosa selección na clasificación xeral con Alba Morales como a mellor das participantes no posto 11ª. Xunto á coruñesa completaban postos, Icía Ares 21ª; Marta García 30ª ; Natalia González 36ª e Daniela Domínguez 40ª

Por último a sorte non estivo do lado do combinado masculino Sub16, xa que o abandono de Mateo Pérez e a descualificación de Anxo Jamardo impediría a puntuación por seleccións nunha proba que tan só Diego García no posto 22º e Nadyr Moreira no 32º pudieron rematar.