Concello de Ourense

Nove entroidos tradicionais da provincia de Ourense desfilarán na cidade

O venres terá lugar o comezo dos días grandes da festividade do entroido cun novidoso desfile de animación, que contará con nove entroidos tradicionais da cidade e provincia. Será as 20 horas, e percorrerá as rúas principais do centro da cidade.

Óscar Gómez

Ourense | 24.02.2022 09:40

Nove entroidos tradicionais da provincia desfilarán na cidade
Nove entroidos tradicionais da provincia desfilarán na cidade | Ourense.gal

O venres terá lugar o comezo dos días grandes da festividade do entroido, e o Concello de Ourense ten programado un novidoso desfile de animación, que contará con nove entroidos tradicionais da cidade e provincia. Será as 20 horas, e percorrerá as rúas principais do centro da cidade.

Trátase do Folión de Buxán, o Folión de Trives, os Felos de Esgos, os Felos de Maceda, a Follareiros Lobios, os Galos da Mezquita, Paquita e Nicanor de Seixalvo, Frei Canedo da Ponte e as Pitas de Eiroás.

A esta actividade hai que sumarlle a segunda edición do desfile escolar de entroido que, desde a Concellería de Educación, organízase o propio venres a partir das 11.30 horas.