Infraestructuras

As obras de mellora e humanización en Pereiro de Aguiar comenzarán en outono

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de asinar o contrato polo que se adxudican as obras de mellora e humanización da capitalidade do concello do Pereiro de Aguiar. Desde xeito, este mesmo outono a empresa adxudicataria pode iniciar os traballos.

Esta obra, adxudicada por un orzamento de 120.000 euros, permitirá que o ámbito delimitado pola rúa Grande, a praza do Concello e o camiño Baralongo teña un aspecto renovado e integrado coa paisaxe, ademais de ser unha zona moito máis funcional, aberta e accesible aos veciños.

Óscar Gómez

Ourense | 02.11.2021 08:06

As obras de mellora e humanización en Pereiro de Aguiar comenzarán en outono
As obras de mellora e humanización en Pereiro de Aguiar comenzarán en outono | onda cero

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de asinar o contrato polo que se adxudican as obras de mellora e humanización da capitalidade do concello do Pereiro de Aguiar. Desde xeito, este mesmo outono a empresa adxudicataria pode iniciar os traballos.

Esta obra, adxudicada por un orzamento de 120.000 euros, permitirá que o ámbito delimitado pola rúa Grande, a praza do Concello e o camiño Baralongo teña un aspecto renovado e integrado coa paisaxe, ademais de ser unha zona moito máis funcional, aberta e accesible aos veciños.

Os traballos consistirán no soterramento das instalacións e das conexións á vivendas, para garantir servizos básicos municipais de calidade; a instalación dunha rede de sumidoiros separativa, para mellorar a xestión das augas residuais deste ámbito; a rehabilitación do pavimento; e a instalación de iluminación e mobiliario urbano.

Esta é unha nova mostra do compromiso e esforzo que a Xunta está a facer, desde hai máis dunha década, para colaborar coas entidades locais na execución de diferentes tipos de proxectos urbanísticos co obxectivo común de crear, mellorar ou humanizar equipamentos de uso público e colectivo, a través do coñecido plan Hurbe. Cómpre destacar que ao longo de 2022 a Consellería manterá este tipo de colaboracións, ao fixar nos orzamentos unha contía de 7 millóns de euros.