Ximnasia

OCCXP participa con 9 ximnastas nos Campionatos do Mundo

Os ximnastas que participaron no campeonato celbrado Sofía rematan a súa participación con tres finais no Mundial por Idades.

Óscar Gómez

Ourense | 28.11.2022 08:14

OCCXP participa con 9 ximnastas nos Campionatos do Mundo
OCCXP participa con 9 ximnastas nos Campionatos do Mundo | onda cero

Entre o 16 e o 19 celebrouse en Sofía (Bulgaria) no Arena Armeets o Campionato do Mundo Absoluto. Formaban parte da Delegación Española dúas ximnastas do CXP: Alejandra Braña Barreiros, clasificada en DMT e Noa Puente-Dodd Álvarez clasificada en Trampolín. A sorte non acompañou a ningunha das dúas, Noa lesionouse nos adestramentos preliminares non podendo competir e Noa fallou un exercicio o que a relegou ao posto 28 da clasificación.

En canto ao Campionato do Mundo por Idades, o CXP levaba 7 ximnastas formando parte da Delegación Española. En xeral a competición foi boa. É de destacar o 12 posto de Saúl Rodríguez Rodríguez na modalidade olímpica de Trampolín entre 74 participantes. Tamén foron encomiables os resultados das parellas se sincronismo compostas por Marta Rodríguez Cancio e Claudia Blanco Cidón que conseguiron entrar en finais e quedaron 4ª clasificadas entre 25 participantes, e a parella de Pedro Castaño Garrido e Mateo Rodríguez Rodríguez que entraron tamén en finais rematando en 6ª posición entre 30 participantes. Pola súa banda Mateo tamén entrou en finais en DMT rematando a clasificación en 8º lugar entre 30 participantes. Tamén queremos destacar a participación

de Claudia en Trampolín, que acadou un posto 23 entre 62 participantes.

Os mellores resultados os obtiveron:

Claudia /Marta Rodríguez Cancio na idade de 15-16 en Sincronismo quedando 4º

Mateo /Pedro Castaño Garrido na idade de 15-16 en Sincronismo quedando 6º

Tamén participaron:

Noa Puente, Alejandra Braña Barreiros, Claudia Blanco Cidón, Daniel Imray Carrasco, Mateo Rodríguez Pérez, Marta Rodríguez Cancio e Saúl Rodríguez Rodríguez