O delegado do goberno en Galicia Pedro Blanco presidía en Ourense o acto de homenaxe á policia nacional no que en virtud dun acordo "unánime" da corporación municipal do Concello de Ourense acordouse denominar á rotonda ubicada fronte á comisaria e que une Curros Enríquez coa Rua Otero Pedrayo co nome de "Glorieta da policia nacional", unha homenaxe na que se descobríu un monolito de xeito simbólico. O delegado do goberno agradeceu o respaldo político e cidadá a este corpo policial "que contribúe a que Galicia sexa unha das comunidades máis seguras" de España. Blando lembrou que se cumplen 200 anos do nacemento do corpo nacional de policia e 40 da creación do edificio da comisaría ourensán que foi "todo un símbolo de modernidade".
Ao acto acudiron representantes de todolos grupos políticos da corporación ourensá, o subdelegado do goberno e ex subdelegados ademáis de ex comisarios, representantes sindicais e membros das forzas e corpos de seguridade.
O comisario da policia nacional en Ourense Juan Castor Vázquez agradecía tamén o "respaldo unánime" dos políticos do Concello de Ourensepara oficializar o nome da rotonda e o interpretaba coma unha homenaxe da cidadanía á que prometía seguir "protexendo e defendendo". Para o comisario "refórzase un vínculo cos ourensáns cos que os axentes desexan ter un pacto" para que Ourense siga sendo unha cidade segura actuando coa maior eficiencia en cada un dos servizos que se presentan.
No acto ademáis do descobrimento dunha placa conmemorativa sonaron os hinos de España, Galicia e da policía nacional.