Ourense Cidade

A ORA incorporará este mes o pagamento desde o teléfono móbil

Permitirá abonar o importe exacto e renovar tickets sen ter que ir ao parquímetro e recibir avisos

Óscar Gómez

Ourense | (Publicado 08.07.2020 09:10 )

A ORA incorporará este mes o pagamento desde o teléfono móbil | Onda Cero Ourense

O servizo de regulación e ordenación do aparcamento de vehículos na vía pública (ORA) do Concello de Ourense ofrecerá desde este mes a posibilidade de pagar desde o teléfono móbil. Será a través dunha aplicación: Presto Parking, que a empresa concesionaria incorpora ao servizo, e estará á disposición das persoas que desexen realizar os pagos dun xeito máis cómodo. O novo sistema incorpora vantaxes como:

- Pagar o importe exacto, sen ter a necesidade de buscar monedas de cambio e localizar parquímetros

- Renovar tickets sen ter que volver fisicamente ao parquímetro

- E-factura, fiscalmente deducible para as empresas

- Recibir notificacións, ao vencer o ticket

- Recibir avisos de denuncias

- Pago seguro

Con estas novidades darase un servizo moito máis completo e cómodo aos cidadáns, como sinala o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen subliña a importancia de evitar molestias e incomodidades aos usuarios, como ter que meter monedas, dispoñer de cambio ou achegarse aos parquímetros para pagar ou sacar tickets.

O pago por teléfono móbil implementarse a través da aplicación Presto Parking, que se pode descargar desde Google Play, e App Store . Os controladores do servizo municipal informará os usuarios desde pasado mañá, xoves das novidades, repartindo dípticos que explican como funciona a nova aplicación, que se comezará a implantar de forma experimental durante o presente mes de xullo.

Pasos para realizar o pagamento por teléfono

1. Abrir o navegador de Internet

2. Descargar a aplicación Presto Parking, desde GooglePlay o App Store

3. En login, introducir os datos da conta persoal (hai que rexistrarse con usuario e contrasinal), e confirmar que se desexa recibir avisos e permitir a localización

4. Introducir a matrícula do vehículo

Con isto, xa estará listo para activar tickets, seguindo 4 pasos:

- Posicionarse sobre un mapa ata que o localizador esté na zona azul

- Pulsar seguir

- Seleccionar o tempo límite, entre o mínimo e o máximo

- Aparcar

O sistema permite deter ou ampliar o tempo de estacionamento en calquera momento, de forma que o usuario só pagará o tempo real que permaneza o vehículo estacionado na zona azul

Tarifas

Os usuarios poden elixir entre dúas posibles tarifas

a. Tarifa fair use. Inclúe 10 tickets ao mes sen custe de transacción, e 5 céntimos por ticket, a partir do ticket número 11

b. Tarifa Premium. Pagarán 0 euros por ticket e 1 euro cada mes por cada matrícula que utilicen

Tamén poderán activar servizos opcionais como o aviso de denuncias (1 euro por usuario) e o Aviso SMS (0,1 euros por SMS) -nesta opción ademais do aviso dentro da aplicación, o usuario recibirá un SMS 5 minutos antes de que venza o seu ticket.