A cidade de Ourense acollerá esta fin de semana a Supercopa Galega de Waterpolo, nas categorías feminina e masculina, que se disputará na piscina Rosario Dueñas, no Pavillón dos Remedios. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, o adestrador do Club Waterpolo Pabellón Ourense, Roberto Naranjo e o representante da Xunta, Carlos Bericat, presentaron esta mañá a competición deportiva.
O sábado, 1 de outubro, ás 18.30 horas terá lugar final na categoría feminina absoluta, entre CW Pontevedra e CWC Rías Altas.
O domingo, 2 de outubro, ás 11:30 horas será final masculina, coa participación do CW Santiago e Pabellón Ourense.
Coincidindo con esta competición, tamén se desenvolverán dúas xornadas de tecnificación. O alcalde Pérez Jácome manifestou que “é un pracer albergar na cidade este torneo”, e lembrou que “Ourense sempre foi un punto neurálxico da natación en Galicia”, e animou a mocidade ourensá a que acuda a ver esta competición, practicar este deporte e formar parte do equipo ourensán.