A 3ª División xa ten calendario

UD Ourense, CD Arenteiro e CD Barco a domicilio e Ourense CF cómo local na primeira xornada

Tras unha longa espera o fútbol oficial volverá á provincia de Ourense ó 18 de outubro

Onda Cero Ourense

Ourense | (Publicado 24.09.2020 19:40 )

Primeira xornada 3ª Grupo 1B | Futgal

O 18 de outubro volve a terceira división nun ano especial, o ano dos subgrupos. O ano dos 3 ascensos e os 8 descensos, o ano das restriccións nos terreos de xogo. Unha temporada diferente, sen dúbida.

O sorteo do calendario que realizou a Federación Galega de Fútbol na tarde do xoves 24 de setembro deparou esta sorte para os equipos ourensáns.

Alondras CF - UD Ourense

O equipo de Fernando Currás comenza viaxando a Cangas para enfrentarse a un dos históricos da terceira división galega, o Alondras. Os vermellos manteñen a base da temporada pasada reforzada por varios xóvenes xogadores ourensáns reservando a parte de ataque para dous fichaxes (Amin e Cabanyes) procedentes de fora de Galicia. A numerosa afición ourensanista agarda xa o momento de reencontrarse co seu equipo.

CD Estradense - CD Barco

Os de Valdeorras comenzan tamén viaxando, neste caso á Estrada para enfrentarse co Estradense. Os de Manolo Pérez tamén manteñen parte importante do equipo que os levou ata a promoción de ascenso. O obxectivo de novo é converterse nun dos destacados da temporada como lograron nos dous últimos anos.

Ourense CF - CD Ribadumia

O Ourense CF é o único dos ourensáns que comenza a temporada como local. O equipo adestrado por Rubén Domínguez é unha auténtica incógnita despois de renovar practicamente a súa plantilla para este curso. O novo plantel está formado na súa grande maioría por xóvenes xogadores procedentes de diversos puntos da península ós que se suman Tazos e Josu, ex de CD Ourense e da UD Ourense.

Arosa SC - CD Arenteiro

CD Arenteiro foi, sen dúbida, a grande sensación da pretemporada. O equipo que preside Argimiro Marnotes, adestrado ahora por Fran Justo, reforzouse con xogadores procedentes do Ourense CF e a UD Ourense (4 en cada caso) e mesmo de Segunda B. O seu obxectivo claro é o cambio de categoría.

En definitiva, unha temporada diferente que comenza ó 18 de outubro e que vai a levar a 3 equipos galegos a unha "nova Segunda B" e na que os catro equipos ourensáns participan con toda a ilusión de rematar nos postos de cabeza.

¡Que rode o balón!