O congreso está dirixido a todas as persoas dedicadas á investigación, xestión, innovación e transferencia da educación, á formación, á orientación e ao emprego; profesionais e estudantes, así como calquera persoa interesada na temática.
O evento está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Delegación Rexional do Norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, e a Universidade do Porto (Centro de Desenvolvimento Vocacional e Aprendizagem ao Longo da Vida), coa colaboración de diferentes institucións e entidades, como o Concello de Ourense, a Deputación Provincial ou a Xunta de Galicia. Precisamente a cidade acollerá as dúas primeiras xornadas, os días 23 e 24, coa inauguración, conferencias, mesas redondas e obradoiros, xunto con visitas a lugares de especial interese.