O PP foi o partido máis votado en 89 dos 92 concellos da provincia de Ourense nestas eleccións europeas, sumando un total de 66.174 sufraxios. Os socialistas son a segunda forza obtendo únicamente máis apoio que o PP en Entrimo e Calvos de Randín, logrando en conxunto na provincia 33.912 votos. Mentres o BNG únicamente foi o máis votado en Vilar de Santos sumando na provincia 15.490 apoios. Os socialistas perderon uns 30.000 votos en relación aos comicios europeos de 2019 mentres o BNG subíu de 2,7 puntos.
O presidente da xestora do PP en Ourense, Luis Menor dixo estar "altamente satisfeito" polos resultados nos que os populares ourensáns obtiveron o "meirande porcentaxe de apoio ao seu partido de toda España sendo a única provincia na que obtiveron mais da metade dos votos", en total un 51,11% , 15 puntos por riba das europeas de 2019 . Para Menor "consolídase a tendencia que comenzaron nas xerais" un feito que considera que "non é illado".
O secretario provincial do Psoe, Rafa Villarino recoñece que os resultados das eleccións europeas en Ourense "non foron os agardados" e que lle produce "insatisfacción seguir vendo a hexemonía do pp". Con todo, espera que os socialistas poidan "volver recuperar o seu espazo" e valora positivamente "continuar sendo segunda forza" partindo tamén da consideración de que nestes comicios o electorado "vota nunha clave diferente" a outras eleccións. Agarda Villarino que, a nivel estatal, cos resultados destes comicios europeos nos que a distancia entre pp e psoe non foi tan grande, o PP "abra unha reflexión para facer fronte común á ultradereita e volva aos pactos de estado freando calqueira tipo de recorte de dereitos ou axudas á nosa comunidade".
Pola sua banda, a deputada autonómica ourensán do BNG, Noa Presas considera que os nacionalistas acadaron nestas europeas "o mellor resultado en 20 anos" mantendo unha "tendencia ascendente" e "cumprindo o obxetivo" de lograr de novo que Ana Miranda lograse estar nun escano en Europa para "defender a voz de Galicia e de Ourense", polo que agradeceu o respaldo electoral recibido. Presas non agochou a sua "preocupación polo avance da ultradereita" pero agarda que os nacionalistas no estado poidan ser "dique de contención para seguir defendendo os avances sociais e a paz".