O Ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente percorreu o traxecto Madrid-A Coruña con parada en Ourense nun dos novos trens Avril de alta velocicade que comezarán a funcionar oficialmente o martes 21 de Maio. Foi unha viaxe de "simulación comercial" que arrancaba as sete e media da mañá da capital do estado e chegaba a Ourense sobre as 9.15 parando posteriormente en Santiago de Compostela, culminando viaxe na cidade de A Coruña sobre as 11.05 onde o ministro presentou o avance do "Plan Director do corredor Atlántico para Galicia".
.
Nos andéns da estación de Ourense, o ministro fixo unha breve parada na que saudou a diversas autoridades, entrelas o Delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, o alcalde de Ourense Gonzalo Jácome, a vicepresidenta da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa así coma o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites.
Anque a cita ourensá estaba dirixida fundamentalmente a medios gráficos, Puente comentou aos xornalistas que os modelos Avril están preparados para circular a 300 kilometros por hora, tanto en ancho iberico coma internacional, "un feito único a nivel mundial" e lembrou que a demora na chegada debeuse ao retraso nas homologacións. Con todo, Puente expresou o orgullo de poder contar con material rodante de fabricación española e adiantou que unha vez entren en servizo os novos trens os horarios iranse adaptando según a demanda.
Para o Ministro "estamos ante un día moi importante para Galicia e tamén para Ourense" que será "encrucillada" de camiños dos novos S106 que permitirán duplicar as prazas actuais.