Eugenia Díaz Abella pídelle ao actual microgoberno de Ourense que aprobe e publique a segunda convocatoria extraordinaria de axudas para becas de comedor e libros que deixou preparada o Partido Popular. Así, quedou disposto un fondo de máis de 400.000€ para este fin, que conta co beneplácito e o compromiso dos técnicos municipais da Concellería de Política Social. Nos vindeiros días, o Concello publicará a lista definitiva da convocatoria ordinaria, trámite que deixou encamiñado e tramitado a concelleira de Política Social ata o 8 de setembro.
Eugenia Díaz lembra que este ano, debido á crise desencadeada pola COVID e a difícil situación económica de moitas familias, a principios de xuño adoptouse a decisión dunha segunda convocatoria extraordinaria que “duplicará o número de familias que percibirán axudas e equiparará a todos os beneficiarios, independientemente do colexio no que estén matriculados os rapaces. A axuda total triplicará o que se viña ofertando ata o de agora, e actual Goberno só ten que culminar o que lle deixamos feito desde o Partido Popular para beneficiar a centros de familias de Ourense que precisan da nosa axuda”.