O PSdeG-PSOE de Ourense presentou algunhas das súas medidas clave no eido de benestar social nunha rolda de prensa á que asistiron o aspirante á alcaldía, Paco Rodríguez, e Carlos Montero, número sete da candidatura coa que o partido se presenta ás vindeiras eleccións do 28 de maio.
Baseándose no abandondo padecido neste eido durante os gobernos de PP e Democracia Orensana, os socialistas destacaron a importancia de volver a ser o referente das políticas sociais a nivel autonómico. “O 25% da poboación ourensá ten máis de 65 anos e isto é algo que fala moi ben de nós como sociedade. Pero tamén xurde un novo problema: a soidade non desexada”, subliñou Montero.
Entre as iniciativas expostas para paliar este problema está un programa de coidadores e coidadoras cuxos profesionais se encargarían de visitar aos maiores ou persoas dependentes e acompañalos a facer recados, asistir a citas médicas ou realizar trámites administrativos e de xestión, evitando así a “violencia burocrática”. “A soidade ten efectos na saúde dos cidadáns e cidadás, aparta a esas persoas e as empurra á exclusión social. Polo tanto, require medidas concretas”, incidiu.
Neste senso, afirmou que os centros cívicos son un punto de proximidade para levar a cabo políticas de benestar social e que “constrúen barrio”, conseguindo, ao mesmo tempo, que as persoas sintan preto o Concello. “Neles poden organizarse actividades culturais, de encontro interxeracional onde a xente maior e a mocidade intercambien experiencias e coñecementos”, engadiu sobre a relevancia destes espazos. Por este motivo anunciou a construcción de centros cívicos no barrio de O Vinteún, O Couto, As Lagoas e San Francisco.
A redacción e aprobación do Plan Municipal de Accesibilidade –que contemplará a eliminación de barreiras físicas, sensoriais e de comprensión– para favorecer a autonomía dos ourensáns e ourensás. Prestando, sobre todo, atención á adaptación ou rehabilitación de vivendas.
Así mesmo, indicou que os socialistas reforzarán e potenciarán outros servizos sociais que se atopan en precario e deteriorados como son o de axuda no fogar e comedor sobre rodas. “No noso programa tamén contamos coas necesidades das familias. Por iso incluímos un programa de canguraxe ou a reapertura da ludoteca de As Lagoas”, explicitou sobre algunhas das iniciativas para a conciliación.
“Con esta batería de propostas, o noso obxectivo será a consolidación dun sistema público, universal, gratuito e equitativo de servizos sociais como o cuarto piar do Estado de Benestar”, rematou o candidato.
Sobre os comedores escolares
Preguntado por los medios de comunicación por el aumento de demandantes de comedores escolares, el candidato a la alcaldía incidió en la necesidad de priorizar a la hora de gobernar. “Cando os comedores están cheos de rapaces, para que poidan comer dun xeito saudable, se poñe en evidencia cal é a realidade económica e social desta cidade”, respondeu Paco Rodríguez.
“As partidas presupuestarias, a pesares do que nos venden, chegan tarde, mal e nunca. Algunhas son as mesmas que fai moitos anos. Isto é a proba máis palpable de que temos un gobernó que está de costas ás necesidades da xente e que semella que só goberna buscando o efecto electoral”, puntualizou Montero.