Municipal

Pepe Araíjo (PP):"Ourense parece o local de ensaio de 3 orquestras"

O edil do PP no Concello de Ourense, Pepe Araújo, repasou en Más de Uno a actualidade municipal valorando por exemplo o gasto en festas e declarando que a cidade "parece o local de ensaio de 3 orquestras".

Paco Sarria

Ouense |

Preguntado sobre a posibilidade dunha moción de censura ve no BNG o principal escollo para un entendemento e engade que "no PSOE deben aclararse" e "non esquecer que o PP foi o partido da oposición máis votado".

Sobre o recente anuncio do Alcalde de licitar o servicio municipal de transportes adiantou que o venres "desaparecerán varios autobuses da circulación por que non pasan a ITV" e deu a razón ós conductores da empresa fartos de recibir as queixas polos incumprimentos de horarios dos que non se sinten responsables.

O PXOM, o conflicto laboral no concello ou a posibilidade dunha moción de confianza foron algúns dos asuntos sobre os que tamén se pronunciou na entrevista.