O concelleiro do PP no Concello de Ourense, Pepe Araújo, dixo hoxe en "Más de Uno Ourense", preguntado sobre o expedente do sinistro no que se viu implicado o coche do edil Francisco Lorenzo que "parece que os coches do Concello son o Coche Fantástico que se conducen solos". Os populares din non ter datos aínda do expedente aberto pola Policía Local sobre quén conducía o vehículo que impactou contra un valado no barrio de A Ponte.
Araújo repasou en Onda Cero outros asuntos de actualidade declarando que ó seu entender o proxecto do Parque de Canedo non será realidade "antes de 8 anos", en referencia ás múltiples deficiencias que denuncia o interventor municipal.
O edil popular tamén valorou a importancia de implantar o Plan de Mobilidade da cidade e abordou outras problemáticas como a xerada polos okupas nun inmoble de Adif na rúa Río Arnoia.