A iniciativa “O Peto dos Desexos” sorteará 2 premios de 250 euros e 5 de 100 € entre os clientes do comercio e hostalería da localidade que deberán xuntar tíquets de compra ata alcanzar un valor de 30 euros.
Todas as persoas que queiran participar poderán facelo dende o 1 de decembro e ata 6 de xaneiro, ámbolos dous incluídos. Os comprobantes de compra serán depositalos xunto coa tarxeta dos desexos nun dos Petos que estarán situados no Alto do Portelo e na Alameda, ao lado da Oficina de Turismo.
O vindeiro 8 de xaneiro sortearanse 1000 € en premios nun acto público que terá lugar ás 11:00h diante do Peto dos Desexos (no Alto do Portelo). Máis información e bases do Peto dos Desexos en www.allariz.gal/nadal
Cristina Cid Alcaldesa de Allariz e María López Concelleira de Comercio lembraron que mercar en Allariz sempre ten premio, porque ademais de dinamizar a economía local, estamos axudando aos nosas veciñas e xerando emprego. É a nosa responsabilidade mercar de xeito responsable e a nosa implicación é vital para que o sector salga adiante.