O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ourense demándalle ao Goberno de Sánchez e ADIF que humanice a praza sobre o parking da Intermodal da cidade, e lémbralle tamén o compromiso, ratificado no último Pleno do Concello por mayoría, para que poña prazas a disposición da veciñanza da Ponte no novo aparcadoiro soterrado da Estación Intermodal, así como que convoque a comisión de seguimento das obras. De feito, os traballos de construcción desta nova infraestrutura con 300 prazas xa están rematados.
Os populares recalcan que esa nova praza “será un espazo público para o uso e disfrute da veciñanza e precisa elementos como bancos, papeleiras, xardineiras, e luces led”, sinala a portavoz municipal Flora Moure. “Pedímoslle ao Goberno de Sánchez e ADIF que non esquezan os compromisos que están adquiridos con Ourense, e lembrámoslle que no último Pleno así llo manifestamos desde o Concello respecto ás prazas do parking e á necesidade de convocar a comisión de seguimento das obras”, di Flora Moure.
Cabe destacar que o barrio da Ponte é o máis populoso da cidade de Ourense, e un dos seus grandes problemas é, precisamente, o dos aparcamentos. Por iso mesmo, e dado que é unha petición que tamén defende a Xunta de Galicia (principal financiadora da obra do aparcadoiro, pois asume o 67% da obra, 3,9M de euros), defendimos mocións e todas as Cámaras para instar o Goberno de Sánchez a que reserve prazas para dar un mellor servizo ao barrio. E que se convoque a Comisión de Seguimento das obras de integración do AVE para, precisamente, abordar esa e outras moitas cuestións que afectan a Ourense e ao barrio da Ponte.