A piscina municipal Rosario Dueñas acolleu este sábado a 1ª Xornada da Liga Galega de Figuras e a disputa das Rutinas Técnicas de natación sincronizada, unha competición organizada pola Federación Galega de Natación e polo Club Sincro Ourense, coa colaboración do Concello de Ourense.
O evento reuniu na cidade máis dun cento de atletas en categorías alevín – infantil e júnior de 7 clubs de Galicia: C. Náutico de Vigo, C. Galaico Sincro, C.N. Rías Baixas, C. Sincro Ferrol, C.N. Sincro Pontevedra, Sporting Casino, cunha destacada participación por parte das nadadoras ourensás.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome asistiu ao evento e á entrega de premios ás participantes.