Ourense Cidade

A piscina Rosario Dueñas reunirá durante esta fin de semana as grandes promesas da natación artística

Participarán no torneo máis de 400 deportistas alevíns e infantís dunha trintena de equipos.

Óscar Gómez

Ourense | 28.06.2024 08:14

A piscina Rosario Dueñas reunirá durante esta fin de semana as grandes promesas da natación artística
A piscina Rosario Dueñas reunirá durante esta fin de semana as grandes promesas da natación artística | onda cero

A piscina municipal Rosario Dueñas acollerá durante esta fin de semana o Campionato de España de natación artística nas categorías Alevín-Promoción e Infantil – Segunda División.

A competición reunirá na cidade as grandes promesas de natación artística española. Serán en total máis de 400 deportistas dunha trintena de equipos: 238 alevíns (dos que 47 son galegos) e 195 infantís (18 galegos) que competirán nas probas e acudirán esta semana a Ourense, acompañados polos seus equipos técnicos e familias.

O torneo arrincará o venres coa final do dúo mixto infantil e concluirá o domingo coa entrega de medallas do dúo libre infantil, o equipo libre infantil e o dúo mixto alevín.