Motor

"Pisko” Ventín acada o seu segundo triunfo en Piñor

O Campion Alfonso “Pisko” Ventín non deu a máis mínima opción e impúxose con solvencia na séptima edición do Rallymix de Piñor, terceira cita puntuable para o Campionato Galego da modalidade.

Óscar Gómez

Ourense | 26.06.2023 07:55

"Pisko” Ventín acada o seu segundo triunfo en Piñor
"Pisko” Ventín acada o seu segundo triunfo en Piñor | onda cero

Baixo unha calor abafante, especialmente durante a xornada do sábado, o de Cotobade foi o que mellor comprendeu o renovado trazado ourensán, o que lle permitiu impoñer un ritmo que ningún dos seus rivais foi capaz de seguir durante a primeira

xornada, adicándose a xestionar a súa vantaxe nas dúas mangas restantes do domingo.

Desta forma, Ventín sumou o seu segundo triunfo da tempada esta vez por diante de Javier Ramilo “Kobas”, que se quedou a 26,9 segundos e de Sergio Fernández, que logo de picar unha roda na xornada do sábado foi capaz de recuperar tempo ata

quedarse a 44,5 segundos do vencedor.

O cuarto posto da clasificación foi para o asturiano Abel Jurado, que ao competir con licencia do Principado non bloquea puntos pola normativa que se marca en todas as Federacións Autonómicas, namentres que o quinto lugar e primeiro da categoría B foi

para Manuel Osorio e Alberto dos Reis, no Skoda Fabia R5.

Completaron o podio da categoría B, Jorge Fernández e Freddy Carballo, que torcero a ponte traseira do seu Skoda Fabia R5 na última manga cronometrada e os irmáns Celestino e Jorge Iglesias, co Ford Fiesta N5. Na Copa Pirelli K6, primeiro posto da clasificación xeral para Omar López e Álvaro Cerqueiras, con Esteban Cotón e Aarón Alonso e Joao Castela e Roberto Rodrigues en segunda e terceira posición, respectivamente.

Agora, o Campionato Galego de Rallymix tómase un descanso ata a última fin de semana do mes de agosto coa celebración do Rallymix de Portas.