Nunha proba con 65 equipos na liña de saída e cunha climatoloxía adversa que deixou o trazado marcado pola organización chego de zonas esbaradizas e delicadas, o mellor logo das cinco mangas oficiais celebradas entre o sábado e o domingo foi Alfonso “Pisko” Ventín, que ademáis de impoñerse na clase A foi o máis rápido na clasificación combinada.
Ventín, que chegaba a cita ourensá xogándose o triunfo no certame con Javier Ramilo “Kobas”, non deu opción aos seus rivais cunha conducción máis rápida que a de todos os seus rivais, especialmente durante o sábado e un crono final de 23:33.349, o que lle serviu para facerse co título autonómico. O piloto da Escudería Pontevedra impúxose a Abel Jurado en 26,4 segundos e ao propio “Kobas” en 30,4. Completaron os cinco primeiros clasificados da clase A, Alejandro Fariña e Antonio Viloria.
Na clase B, nova victoria de Manuel Osorio e Alberto dos Reis, esta vez aos mandos do Peugeot 208 T16 R5. O equipo, que chegaba a Barbadás como campión galego, marcou un tempo final de 25:53.213, case 20 segundos máis rápido que Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda, tamén nun 208 R5. Completaron o podio da proba nesta clase Celestino e Jorge Iglesias, no Ford Fiesta N5.