O Consello Municipal Deportes, que preside o concelleiro de Deportes, Mario Guede, asinou a recepción da obra da reforma do Polideportivo de A Carballeira, por un valor de 270.000€, cumprindo así unha vella demanda dos veciños da zona e que supón tamén un cumprimento dos compromisos acadados cos clubs deportivos da cidade.
Mario Guede convidou a todos os membros do Consello Reitor do CMD a visitar esta obra, e destaca que “con esta importante obra culminamos o cumprimento dos compromisos adquiridos, levados a cabo en agosto do 2020 mediante unha modificación de crédito, aprobada por unanimidade polos membros do CMD, como son o Campo de Hóckey de Mariñamansa (500.000€), os vestiarios do Campo da Aira de Velle (212.000€) ou as canchas deportivas exteriores do Pavillón dos Remedios (240.000€)”
O polideportivo da Carballeira, situado nun espazo lindeiro co centro educativo CEIP Luis Acuña, será moi utilizado por este centro coas súas clases matinais de Educación Física, e tamén para a práctica do hockey liña, a través do Club Patinatur; hockey sala, co Clube Albor; patinaxe; e fútbol sala, entre outras disciplinas, así como polas asociacións do barrio da Carballeira, como son a Escola Secundino Basalo ou o Club Atlético Juventud, e outras entidades do barrio. Ademáis, durante as fines de semana, levaranse a cabo competicións a nivel local e provincial. Esta instalación é transversal, con actividade pola mañá e pola tarde, e foi construído hai 35 anos, e finalmente acondicionouse o espazo utilizado polos deportistas, mellorando as súas dependencias, incidindo en distintos aspectos da instalación como:
1.- Nova cuberta, que regulará sobre todo a temperatura, tanto nos meses de verán como nos de inverno, colocando paneis tipo sándwich con illamento intermedio, para illar o interior das inclemencias meteorolóxicas.
2.- Novo chan de pavimento deportivo, especial para o hóckey (ou outros deportes de patín), compatible con outros deportes como o fútbol sala, baloncesto ou calquera outro que favoreza o seu mantemento e limpeza
3.- Instalarase unha nova bancada, incrementando notablemente a súa capacidade, pasando de 4 bancadas de 9 metros a 4 bancadas de 25metros.
4.- Na parte norte do polideportivo construirase unha serie de almacéns para que os distintos equipos poidan gardar os seus materiais e pertenzas con seguridade, así como para que o propio colexio teña a súa propia dependencia para material.
Obras en execución froito dun longo traballo. O presidente do Consello Municipal de Deportes e concelleiro de Deportes, Mario Guede, remarca que: “coa execución desta obra, complétase as xa executadas no mandato anterior, onde se levaron a cabo a Reforma do Pavillón dos Remedios (financiada por a Xunta de Galicia), o Reforma Polideportivo Anexo dos Remedios, o acondicionamento e mellora do Polideportivo en Campo da Feira, o novo Campo de Fútbol en Vilar de Astrés, a mellora das Bancadas de Santa Cruz de Arrabaldo (financiada por a Deputación de Ourense), a renovación do Céspede Artificial do Campo de Fútbol en Oira e nos Remedios...”
O presidente e concelleiro de Deportes, Mario Guede, sinala: “Estas obras son froito dun longo traballo, que completan o proceso de renovación das instalacións deportivas da cidade, que iniciamos no ano 2015, cumprindo así os compromisos adquiridos. Será o meu obxectivo: seguir impulsando o deporte, aumentar e continuar mellorando as instalacións deportivas, sempre da man dos clubs e dos veciños” sinala.