Os perigos das RRSS
O Colexio Luis Vives de Ourense dentro da súa actividade "Escola de Familias" recibirá o mércores día 20 de marzo ó coñecido xuíz Don José Antonio Vázquez Taín para impartir a ponencia "Os perigos das redes sociais".
José Antonio Vázquez Taín comenzou a ser coñecido cando estivo destinado no xuzgado de Vilagarcía de Arousa pola súa loita contra o narcotráfico. Actualmente e xuíz do penal número 2 de A Coruña e ten unha amplia traxectoria en casos de grande repercusión social cómo o accidente ferroviario de Angrois, o caso de Asunta Basterra ou o roubo e posterior recuperación do códice Calixtino.
Vázquez Taín publicou varias obras literarias de éxito
- Santiago. La leyenda del santo oculto
- Al infierno se llega deprisa
- Matar no es fácil
- El mar sin fondo
- Grandes juicios de la historia
O mércores día 20 de marzo o xuíz Vázquez Taín estará no salón de actos do Colexio Luis Vives a partir das 19:30 horas para impartir unha ponencia co título "Os perigos das Redes Sociais" dirixido ao público en xeral e con entrada libre ata completar aforo.