Cooperación

O C.C. Ponte Vella colabora coa Fundación Amigos de Galicia na campaña “Comparte Ilusión”.

O centro disporá de puntos de recollida repartidos polas instalacións do mesmo dende o 4 de decembro ata o 5 de xaneiro, ambos inclusive, para que os visitantes poidan achegar a súa doazón de agasallos para os/as mais cativos/as da casa.

Óscar Gómez

Ourense | 30.11.2023 08:04

O C.C. Ponte Vella colabora coa Fundación Amigos de Galicia na campaña “Comparte Ilusión”.
O C.C. Ponte Vella colabora coa Fundación Amigos de Galicia na campaña “Comparte Ilusión”. | onda cero

O obxectivo da campaña «Comparte Ilusión» lévase a cabo para que todas as familias atendidas pola entidade en risco de exclusión social (familias con menores a cargo, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas maiores que viven soas ou en situación de vulnerabilidade, familias con graves dificultades económicas etc.) poidan vivir un nadal con dignidade en igualdade de condicións.

Entre as actuacións que a entidade desenvolve o ano, destaca a recollida, compra e entrega de agasallos de Nadal para os menores das familias atendidas, co obxectivo de que ningún destes nenos/as se atope en situación de desigualdade nunhas datas e celebracións tan máxica e especiais.

Este ano 2023 está a ser un ano difícil para as familias que nos solicitan axuda, sendo cada vez máis numerosas; esto é debido, ós efectos da inflacción económica, que afecta ás familias máis vulnerables. Por iso, este ano necesitamos máis axuda que nunca, e presentamos a campaña “Comparte Ilusión”, para solicitar a colaboración de toda a cidadanía e conseguir entre todos/as as familias que atendemos poidan vivir un Nadal digno.

Campaña Fundación Amigos de Galicia «Comparte ilusión»

Esta recollida enmárcase na campaña de Nadal «Comparte a ilusión» que a entidade desenvolve todos os anos, para a que -xa comezando cos preparativos- se entregarán xoguetes novos a menores en Galicia en risco de exclusión social.

Co desenvolvemento desta campaña, a Fundación Amigos de Galicia pretende que todas as familias que se atopen en situación de vulnerabilidade poidan pasar un Nadal digno. Ademais da entrega de xoguetes, a entidade traballa intensamente nestas datas para que as familias á que atende reciban mensualmente un paquete alimentario que inclúe produtos típicos de tempada para que as súas ceas e comidas de Nadal sigan sendo especiais. Para acadar este obxectivo, a entidade solicita a colaboración de toda a cidadanía, empresas, etc. para que todos os menores coidados poidan contar cun agasallo debaixo da árbore este Nadal.

Según as declaracións de Marcos Vila, xerente do Centro Comercial Ponte Vella,: «Para nosotros es una oportunidad que agradecemos mucho a la Fundación Amigos de Galicia -que hacen un trabajo excepcional y lo vemos año tras año-, el poder colaborar con ellos y poner el centro comercial a disposición de esta Campaña de recogida de juguetes, es algo que valoramos muy positivamente y animamos a todos/as los/as ourensanos y ourensanas a aportar su granito de arena, ya que muchos/as de los/as niños y niñas que viven en Ourense tienen unas necesidades importantes, y lo que queremos es que se recojan muchos juguetes en Ponte Vella durante esta campaña para todos/as ellos/as».