Ourense Cidade

Pontón: “O BNG fará de Ourense un concello con espazos públicos"

Ourense precisa un goberno BNG que represente a opción de presente e de futuro desde o rigor, a seriedade e o compromiso.

Óscar Gómez

Ourense | 15.03.2023 07:44

Pontón: “O BNG fará de Ourense un concello con espazos públicos"
Pontón: “O BNG fará de Ourense un concello con espazos públicos" | onda cero

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asistiu á na presentación dos eixes programáticos da candidatura do BNG na cidade de Ourense para o 28M, liderada por Luís Seara. A líder do Bloque comezou apuntando que “o BNG ten un proxecto capaz de sacar a Ourense da parálise e da incompetencia, un proxecto en positivo para que esta cidade avance, progrese e mire ao futuro con optimismo e con esperanza”.

Pontón destacou o momento que vive Ourense, unha cidade preparada para abrir un tempo novo que só precisa “un rumbo claro que marque unha folla de ruta, e un liderado capaz de sacalo adiante: o de Luís Seara e o seu equipo”.

referentes dentro e fóra de Galiza

A portavoz nacional amosouse convencida de que “a maioría dos veciños e veciñas de Ourense queren que a cidade recupere pulso e que sexa coñecida como unha cidade que avanza, progresista e vangardista”. Pontón puxo varios exemplos de gobernos BNG, cualificándoos como “referentes dentro e fóra de Galiza” ao referirse a Pontevedra ou Allariz. “Hoxe Pontevedra é unha cidade libre de vítimas por atropelo de coches”, subliñou, apuntando que “o mesmo queremos facer en Ourense, onde lamentablemente a realidade é moi distinta”.

“Dende a humildade, pero tamén coa máxima ambición, modelo municipal do BNG está deseñado para aportar dinamismo económico, social e cultural, para mellorar a calidade de vida da cidadanía, para xerar oportunidades potenciando o tecido empresarial e comercial local”, declarou.

Os gobernos do Bloque dan resposta aos grandes retos que as vilas e cidades galegas teñen por diante, como o coidado do medio ambiental e o cambio climático ou a xestión dos residuos. “Falamos de cuestións claves que tamén temos que abordar desde os concellos, porque sabemos, hai que pensar globalmente, pero hai que actuar localmente”, apuntou Pontón.

Pontón: “O BNG fará de Ourense un concello con espazos públicos de calidade"
Pontón: “O BNG fará de Ourense un concello con espazos públicos de calidade" | onda cero

Un Goberno BNG en Ourense: rigor, seriedade e compromiso

Pontón considera que “é o momento dun goberno BNG na cidade, que represente a opción de presente e de futuro para Ourense, cun modelo municipal de éxito, desde o rigor, a seriedade e o compromiso”.

Luís Seara presentou a súa proposta como “un proxecto para darlle un impulso a Ourense, para facelo avanzar e poñer capaz de poñer marcha unha cidade que volva ser acolledora, creativa, activa no económico, no social e no cultura, un Ourense sustentable e que aproveite todo o seu potencial, en particular arredor do recurso da auga. Un proxecto para darlle á cidade das Burgas un goberno diferente, que coloque ás persoas no centro e que volva a darlle aos veciños e ás veciñas o orgullo de ser de Ourense”.

Do mesmo xeito, a líder do BNG destacou a capacidade do equipo de Seara para construír un Ourense “orgulloso e capaz de aproveitar todo o seu enorme potencial”. “Temos un proxecto para abrir un tempo novo nesta cidade e por iso imos a por todas o 28M, con forza, coas ideas claras e con ilusión para traballar pola veciñanza desta cidade liderando o próximo goberno de Ourense”, concluíu.