O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, visitou aos alumnos de 2º da ESO do CEIP María Inmaculada de Verín, que recibiron o Premio Ponle Freno na categoría Junior por ser o primeiro centro en impartir unha materia que se centra ao 100% en Seguridade vial.
Emilio González destacou na súa visita ao colexio o “compromiso e a implicación do centro por favorecer a seguridade vial no ámbito educativo en menores que se desprazan a diario ao seu centro de estudos”, así como a “protección do medio ambiente nunha localidade de 13.625 habitantes” e animou ao resto de centros da provincia a que se sumen a esta materia.
Durante a visita, o Subdelegado do Goberno estivo acompañado polo Alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a Concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago; así como o Xefe Provincial da DGT, David Llorente e a Subxefa Provincial de Tráfico, Andrea Conde nun acto dirixido pola directora do colexio, Gerarda Fidalgo.
O pasado xoves día 20, o Presidente do SENADO, Ander Gil, entregoulle á directora do centro, o Premio Ponle Freno para as 45 alumnas e alumnos que forman o curso de 2º da ESO do colexio María Inmaculada de Verín (Ourense). O alumnado cursou a materia chamada “Mobilidade Escolar Sostible e Segura”, converténdose así nos únicos en toda España en ter unha materia centrada ao 100% en Seguridade vial. Este curso escolar (2022/2023) é o quinto onde os alumnos e alumnas realizan esta
asignatura que comezou como materias transversal e na actualidade chega a 45 alumnos e alumnas de 2º da ESO do centro.
Lei LOMLOE
A nova Lei núm. 340, de 30 de decembro de 2020, coñecida como LOMLOE permítelles aos centros educativos con secundaria obrigatoria programar unha materia de “libre programación”.
Grazas á materia, as alumnas e alumnos aprenden a desprazarse de maneira segura e máis sostible, non só ao centro de estudos, senón no seu día a día. O método de ensino céntrase nun aprendizaxe máis interactivo. A través de xogos, talleres e charlas impartidas polo persoal da DGT e o Destacamento da Garda Civil de Tráfico sobre temas como primeiros auxilios ou drogas e alcohol entre outros, conseguen un maior compromiso e concienciación por parte do alumnado menor de idade en materia de Seguridade vial e co medio ambiente.
Proxecto Europeo STARS
Esta iniciativa está recollida dentro do Proxecto Europeo STARS (Acreditación e Recoñecemento de Desprazamentos Sostibles para Colexios) da DGT, e ten como obxectivo animar aos centros educativos a que fomenten entre as súas integrantes os desprazamentos sostibles e activos, tanto a pé como en bicicleta.