Hostelería

O PP presenta un Pacto Municipal pola Hostalería

“As medidas que nel se contemplan son económicas, sociais e, sobre todo, áxiles. Porque o fundamental é que as axudas cheguen, e cheguen canto antes”

Óscar Gómez

Ourense |

Cierre hostelería | EFE

O PP presenta un Pacto Municipal pola Hostalería con medidas claras, ambiciosas, específicas, e viables para as que existen recursos no Concello. O documento foi entregado na reunión que está a ter lugar nestes intres no Salón de Pleno con representantes do sectoer e dos diferentes grupos políticos.

Dada a situación actual, os populares solicitan formalmente un esforzo para axudar nestes momentos a un sector crave como é o da Hostalería. “Existen os fondos e existen os mecanismos para conseguilo. Este pacto busca axuntar a todas as forzas políticas independentemente das siglas”, sinala a portavoz do PP, Flora Moure, quen asiste á reunión coa concelleira Ana Fernández Morenza.

“Por iso pedimos que sexa aprobado nun pleno extraordinario e que se cree unha comisión de seguimento para manter e reforzar esa unidade”, recalca Flora Moure.

“As medidas que nel se contemplan son económicas, sociais e, sobre todo, áxiles. Porque o fundamental é que as axudas cheguen, e cheguen canto antes”, conclúe Flora Moure.