No acto de presentación, que principará as 12:45 horas, asistirán Manuel Pérez, Delegado de deportes da Xunta de Galicia, o Concelleiro de deportes do concello dee Ourense, Mario Guede, Rosendo Fernández, presidente do Inorde, o Director da carreira, Serafín Martínez, así coma Marcos Vila, Director do Centro Comercial Ponte Vella e Ángeles Franco, Family Banker do Banco Mediolanum.
A proba, organizada pola empresa Noko360, vaise celebrar na tarde-noite do sábado 19 de Marzo, sendo a primeira das 3 carreiras do circuíto 15K BANCO MEDIOLANUM que se disputan en distintos concellos de Galicia.
Carreira con fins solidarios
A proba ten un fin solidario, xa que 1 euro de cada inscripción vai ser doado a asociación JUAN SOÑADOR, que axuda os nenos no reforzo social e educativo.
As inscripcións, limitadas a 500 participantes, continúan abertas ata o mércores 16 as 23:59 horas en www.bancomediolanum15kseries.com