Presentación do cartel da Feira do Viño do Ribeiro
A organización da Feira do Viño do Ribeiro presentou o cartel da edición número 60, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de abril de 2023, no recinto da Alameda de Ribadavia.
Por mor da celebración do sesenta edición, a organización tivo a ben facer unha homenaxe á edición inaugural a través dunha adaptación do cartel da primeira edición, do ano 1964.
O cartel está redeseñado por Francisco J. Sánchez Moreno, profesional do deseño gráfico que leva toda unha vida traballando dende Ribadavia e que está moi vencellado e involucrado coa Feira do Viño do Ribeiro dende hai moitos anos.
En referencia á “actualización” do cartel, o seu autor comenta que “tratou de manter a esencia do cartel orixinal conservando a estrutura e renovando certos detalles pero sen alterar o deseño, mantendo a estética da época.”
Participaron no acto de presentación:
- Noelia Rodríguez Travieso - Alcaldesa do Concello de Ribadavia
- Juan M. Casares Gándara - Presidente do Consello Regulador da D. O. Ribeiro
A Feira do Viño do Ribeiro e todo as súas actividades poderase seguir a través da súa páxina web