O martes entrará unha masa de aire fría procedente das latitudes máis setentrionais de Europa. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado con precipitacións, localmente fortes acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. A cota de neve descenderá progresivamente dos 600 metros ata os 300 metros. As temperaturas sufrirán un descenso. O vento soprará forte do noroeste.
A cota de neve descenderá progresivamente durante o día e poderase situar nos 500 metros co avance do día.