NADAL SOLIDARIO

Protección Civil do Concello de Ourense comeza a recollida de alimentos e xoguetes

As doazóns poderán realizarse ate o 8 de Xaneiro en máis perto de cen puntos, entreles o auditorio. Ademáis poderase participar no vontariado.

Jesús Álvarez

Ourense |

Protección Civil do Concello de Ourense
Protección Civil do Concello de Ourense | Concello de Ourense

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Ourense pon en marcha a Campaña de Nadal 2024 de recollida de xoguetes e alimentos. O campo da feira acolleu esta mañá a presentación desta nova edición da iniciativa solidaria, nun acto ao que asistiron a concelleira de Contratación, Ana Fernández, o coordinador da agrupación, Juan Carlos González, e representantes das empresas e entidades colaboradoras.

A campaña desenvolverase desde hoxe, luns, día 18 de novembro até o 8 de xaneiro, e a agrupación ourensá convida a cidadanía de Ourense a que colabore un ano máis. Poden entregar as súas doazóns nos puntos de recollida habilitados (aproximadamente cen por toda a cidade), solicitar a súa retirada a través do teléfono 616908507, ou achegar o seu tempo, participando nela a través do voluntariado.

Este ano os materiais recompilados destinaranse a varios colectivos, como Cáritas Inmaculada Montealegre, Cáritas UAP Madre Teresa, Cáritas Santa Teresita, e as asociacións Contigo Venezuela, Compartir Ourense, Colombia Unida e Dahira Ikhsan Ourense, entre outras. As parroquias estarán tamén implicadas en todas as fases do proceso, desde a difusión dos carteis até a recollida e a clasificación dos alimentos e a reparación de xoguetes no local da campaña, que se atopa xunto ao Auditorio.

A recollida de Nadal conta coa colaboración das empresas Peugeot e Impresión e do Centro Comercial Ponte Vella.