Ourense Cidade

O Psoe aplaude o avanzan das obras da variante ferroviaria da cidade de Ourense

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana tamén está a traballar a reo para licitar, durante o primeiro trimestre de 2023, as obras de reforma e rehabilitación da estación ferroviaria de Ourense.

Óscar Gómez

Ourense | 29.11.2022 12:59

O Pseo aplaude o avanzan das obras da variante ferroviaria da cidade de Ourense
O Pseo aplaude o avanzan das obras da variante ferroviaria da cidade de Ourense | onda cero

O PSdeG-PSOE aplaude o “importante avance” das obras do tramo do liña de alta velocidade (LAV) galega entre Taboadela e Ourense –coñecido como ‘variante exterior de Ourense’– logo de “sufrir unha década de parálise, tapiados e pisoteos do PP”. Os e as socialistas ourensáns veñen de comprobar o estado das obras de execución dos subtramos entre o intercambiador de Taboadela e Seixalvo, ás aforas da capital, onde xa se poden apreciar as primeiras estruturas dos viadutos, así como a perforación do túnel de Rante de 3,4 quilómetros de lonxitude.

Tras superar os “incontables ataques do PP, que quixo suprimir esta infraestrutura clave para toda Galicia”, a execución da plataforma avanza agora grazas ao “impulso e compromiso inquebrantable do goberno de Pedro Sánchez”. O Executivo central tamén está a ultimar os proxectos do segundo subtramo, entre Seixalvo e a estación de Ourense, co obxectivo da súa próxima licitación. “Agora co PSOE temos obras e proxectos e antes, co PP na Moncloa, tiñamos a un ministro que cuestionaba este obra e a un ministerio que tiraba os expedientes ao lixo”, co “silencio cómplice dos cargos do PP de Ourense, que aplaudían aquel ataque a nosa provincia”.

Estación ferroviaria de Ourense

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) tamén está a traballar a reo para licitar, durante o primeiro trimestre de 2023, as obras de reforma e rehabilitación da estación ferroviaria de Ourense. Os proxectos construtivos están actualmente na súa fase final de redacción, co obxectivo do seu remate en decembro de 2022. A execución será asumida integramente con recursos propios do Mitma.

As obras realizaranse por fases debido á complexidade que supón compaxinar a execución de proxectos tan complexos co uso do edificio e dos andéns por viaxeiros, viaxeiras e trens. A licitación incluirá a rehabilitación e ampliación do edificio e as plataformas; a pasarela peonil e a primeira fase do cubrimento da praia de vías ata a ponte da avenida de Santiago.

[[H3:]]

As obras da 'Variante Exterior de Ourense' actualmente en execución, son os subtramos Taboadela-túnel de Rante e Túnel de Rante-conexión Seixalvo. Supoñen un investimento de 112,3 millóns. A variante, de 18 km de lonxitude total con plataforma de dobre vía electrificada en ancho estándar, estará formada polos subtramos Taboadela-túnel de Rante; túnel de Rante-conexión Seixalvo; conexión Seixalvo-Seixalvo; Seixalvo-túnel de Montealegre e túnel de Montealegre-estación de Ourense.

O subtramo Taboadela-túnel de Rante (5,6 km) está deseñado para dobre vía electrificada en ancho estándar e plataforma de 13,6 metros. Discorre polos termos municipais de Taboadela e San Cibrao das Viñas. O túnel de Rante é a obra máis importante deste subtramo. Será un túnel monotubo para vía dobre, de 3,4 km (o 60,9 % do tramo). Prevense tres saídas intermedias de emerxencia mediante galerías transversais con saída directa ao exterior.

Ademais, outras estruturas que se construirán neste subtramo son o viaduto sobre o río Mesón de Calvos (408 metros); o viaduto sobre o río Taboadela (23,5 metros) ou o viaduto sobre o Regueiro de San Benito (108 metros). O subtramo Túnel de Rante-Conexión Seixalvo (2,2 km) discorre por San Cibrao e Ourense e soluciona o paso da LAV pola zona periurbana de Seixalvo, aproveitando o actual corredor ferroviario da liña convencional, mediante unha nova plataforma en paralelo. Executarase un gran viaduto de 356 metros de lonxitude para salvar o cruzamento coa estrada N-525 e o río Barbaña a altura do polígono Barreiros.

Outro viaduto de 54 metros servirá para salvar a estrada OU-105. Un viaduto máis de 30 metros solucionará o cruzamento a distinto nivel coa futura estrada entre a rotonda próxima a Bemposta e a estrada N-525, actualmente en fase de redacción de proxecto.