O PSdeG-PSOE levará ante a xustiza o continuado, irregular e delictivo uso dos vehículos da Deputación de Ourense fóra da provincia en mans de Manuel Baltar. Os e as socialistas consideran “absolutamente escandaloso” o “total silencio de Baltar” durante o pleno extraordinario celebrado hoxe, para tratar as súas “perigosas e temerarias” condutas ao volante que “puxeron en risco a vida doutras persoas”, xa que “non abriu a boca” e “usou ao alcalde de Muíños como escudo humano”.
“Os deputados e deputadas do PP non deben seguir amparando estas condutas”, asegurou o deputado, Nacho Gómez, antes de advertir que “canto máis trate de esconder esta situación, nós iremos quitando máis cousas”. “Non vemos ao resto de deputados ou deputadas populares cometendo este delito”, sinalou o vicevoceiro ante o evidente uso ilegal dos vehículos oficiais da institución, polo que, ante os graves silencios de Baltar “teremos que acudir a outras vías, entre elas a xustiza, porque de non facelo, estaríamos cometendo unha grave falta de responsabilidade política”.
Gómez, quen manifestou que “non quedamos satisfeitos coas explicacións no anterior pleno porque as mentiras foron evidentes”, destapou hoxe que os vehículos da deputación contan con xeolocalizadores para saber onde están en cada momento, salvo os coches do presidente e do seu goberno, que non teñen. “Ten secuestrada á institución para os seus caprichos”, denunciou tras insistir en que “pasarse o dobre da velocidade permitida en varias ocasións non é un despiste”, tal e como puxo por escrito Baltar.
O deputado do PSdeG-PSOE tamén puxo o foco no uso privado dun vehículo oficial, tal e como recoñeceu a pasada semana o presidente. “O último fin de semana de abril colleu, unha vez máis, porque non era a primeira, un coche público a hurtadillas para usos privados en sábado e domingo, aproveitándose do combustible pagado por todo e todas”, remarcaron os e as socialistas ante o novo “escándalo” de “viaxes privados en coches públicos para cometer delitos”.
Gravación das cámaras
O Grupo Socialista considera “obsceno” dicir que “nin o presidente Manuel Baltar nin ninguén na Deputación de Ourense sabe quen era o condutor do coche oficial multado a 157 km/h nunha estrada convencional en Monforte de Lemos (Lugo) un domingo de setembro de 2021”. Por iso advertiron ao goberno provincial que “non borre as gravacións das cámaras” do Pazo Provincial, porque “imos pedir todo o que gravaron as cámaras do aparcadoiro e todos os rexistros dos coches da institución”.
“O viaxe a ningunha parte e o uso de recursos públicos para fins privados non son nin cousiñas nin tonterías”, incidiu o deputado socialista antes de advertir sobre os problemas de cobertura do seguro obrigatorio do vehículo nestes casos. “É un vacile e un insulto a todos os e as cidadáns que este señor conduza a 215 km/h pola autovía e logo asegure que vai pola [estrada] vella para tapar as súas mentiras, xa que non pode demostrar que estivo en Madrid nin coas peaxes nin coas facturas de hotel”, destacou Gómez. “A donde foi realmente co coche pagado por todos e todas?”, insisten en preguntar.
“Baltar xa ten o mérito de entrar no rexistro de condutores temerarios de España e proximamente terá o mérito de estar no rexistro de delincuentes” conclúen desde o PSdeG-PSOE de Ourense.