O Psg-PSOE denuncia o desmantelamento do centro de saude de Ribadavia
Os socialistas denuncian que primeiro quedaron se psicólogo e que os recortes chegan agora os servizos de odontoloxía, xinecoloxía e matrona
O PSdeG-PSOE denuncia o desmantelamento progresivo que o Sergas e a Xunta de Galicia, baixo o mando de Alberto Núñéz Feijóo, están a levar a cabo no centro de saúde de Ribadavia, que segue a perder servizos de atención a poboación ante o beneplácito e a complicidade do alcalde, o popular César Fernández. Os socialistas recibiron numerosas queixas por parte de veciños e veciñas da capital do Avia e doutros puntos da comarca do Ribeiro, que denuncian a falta de servizos públicos de calidade e o peche progresivo da atención médica en determinadas áreas como son o psicoloxía, odontoloxía, xinecoloxía ou a matrona.
ende o grupo municipal socialista lembran que fai xa meses denunciaron o desmantelamento do Centro de Orientación Familiar, trala marcha do psicólogo, que a día de hoxe segue sen substituírse, deixando a toda unha comarca sen este servizo médico. Os socialistas denunciaban tamén polo mes de marzo que o desmantelamento afectaba tamén o auxiliar administrativo, o auxiliar de enfermería e a redución do servizo de xinecoloxía, que pasaba de atender dous días a semanas a facelo só un. A situación empeorou nas últimas datase estendeuse a odontoloxía, que leva máis dun mes sen servizo pola baixa do titular e segundo palabras do voceiro socialista, Ignacio Gómez, “todo apunta a que non se pensa cubrir a praza” e denuncia que “non sé nos facilitan datos nin datas de cando volveremos a retomar este servizo, que é prioritario para a veciñanza de Ribadavia e así nolo fixeron saber a través de numerosas queixas”.
Ademais da ausencia de odontólogo, nos últimos días tamén se están a producir recortes noutras áreas. Sen ir máis lonxe, o xinecólogo leva máis dun mes sen prestar servizo no centro de saúde de Ribadavia, algo que ía solucionando a matrona, pero que dende fai 15 días tamén está de baixa. “Son dous servizos máis que perdemos, que non se repoñen e que causan problemas as embarazadas que teñen que desprazarse ata O Carballiño para ser atendidas porque Feijóo decidiu acabar co centro de saúde de Ribadavia”, subliña o voceiro socialista, quen tamén carga con dureza contra o alcalde o que acusa de “non mover un dedo por Ribadavia, namentres os seus amigos políticos acaban co noso centro de saúde” e fai un chamamento para que “deixe de aplaudir o desmantelamento do centro de saúde da nosa vila con silencios cómplices” e “para que se poña a traballar por Ribadavia, xa que non pode ser que un día si e un día non se desmonten servizos na nosa vila”.
Dende o Grupo Municipal Socialista teñen claro que “esta é unha mostra máis do desmantelamento progresivo que o Sergas e a Xunta están a levar a cabo na sanidade pública e Ribadavia non é allea a situación, e a pesar de que levamos meses alertando da situación, o grupo de goberno nada fixo para impedir este ataque contra a nosa sanidade e que prexudica a nosa veciñanza”.