O grupo municipal do Psoe no concello de Ourense cree que Democracia Ourensana e o PP teñen un "pacto encuberto" para sacar adiante o novo plan de urbanismo e que a Xunta apenas porá impedimentos facendo únicamente pequenos "requrimentos formais" para que en Ourense o documento poida sair adiante.
Para a socialista Natalia González "as cartas están marcadas" e xa en maio, cando o Psoe propuxo unha moción de censura contra Jácome, comenzara a fraguarse o que denominou coma “novo pacto da alameda”. Nel según a socialista non só se inclue un acordo para sacar adiante o PXOM senon tamén "a permanencia do rexedor ourensán no cargo ate o fin do mandato namentres os populares manterían a Luis Menor na deputación", o que tamén explicaría que democracia ourensana facilitase a aprobación dos orzamentos da institución provincial.
Para a voceira do Psoe no Concello de Ourense "non se entende que Jácome ameazara con non consentir os pelotazos do PP e os populares sinalasen que non aceptarían caprichos de Jácome coma os rañaceos de Mariñamansa".
Dende o Psoe alertan dunha posible operacióin de "alto risgo" se se produce "un novo cambiazo" e aseguran que, ainda a sabendas de que "vai ser un paripé", acudirán á convocatoria da comisión de segumento do pxom o vindeiro 4 de decembro onde esixirán que haxa unha "segunda exposición publica" ademáis de que a aprobación do documento sexa no pleno".
Recoñecen no Psoe que "hai unha urxencia real" na cidade de Ourense de aprobar o plan de urbanismo pero alertan de que debe facerse "con seguridade xurídica" para evitar o que aconteceu co aprobado polo goberno popular de Manuel Cabezas en 2003 que foi anulado.
A socialista Natalia González lamentou que finalemente Psoe e BNG "sexan convidados de pedra".