POLÍTICA MUNICIPAL OURENSE

O psoe alerta de que Jácome pretende dar o terceiro "cambiazo" do Pxom

O Psoe no Concello de Ourense urxe coñecer toda a documentación do Pxom remitido á Xunta e pídelle a Jácome que non o aprobe unilateralmente

Jesús Álvarez

Ourense |

Alba Iglesias e Natalia González (Grupo municipal do Psoe de Ourense)
Alba Iglesias e Natalia González (Grupo municipal do Psoe de Ourense) | Onda Cero Ourense

O grupo municipal do Psoe no Concello de Ourense solicitou unha convocatoria "urxente" da comisión de urbanismo para poder analizar toda a documentación do Plan Xeral de Urbanismo remitido polo goberno de Democracia Ourensana á Xunta de Galicia ante o temor de que o "queiran aprobar pola porta de atrás".

A edil Natalia González alertaba de que da pouca documentación á que puideron acceder "pola falta de transparencia" dedúcese que "podemos estar ante o terceiro intento de cambiazo en 25 anos que incluiría tódolos caprichos de Jácome máis os introducidos polo popular José Jesús Cudeiro na etapa do alcalde Jesús Vázquez".

Pensan dende o Psoe que a Xunta devolverá o plan facendo apreciacións "formais" pero que "non entrará no fondo" polo que unha aprobación "unilateral" tendo en conta os informes "desfavorables" do interventor e sen outra exposición pública sería unha operación de "alto risgo" que estaría incluso abocada á sua "nulidade" ou a novos "perxuizos económicos" para a cidade ao anularse -por exemplo- as alturas xa aprobada para as torres que a empresa Copasa preveía edificar á beira do miño.

A voceira socialista no Concello de Ourense sinalaba en rolda de prensa que o novo pxom contemplaría cando menos 6 cambios "sustanciais" entrelas a posibilidade de edificar os "rañaceos" plantexados por Jácome na finca Mariñamansa.

Según a documentación á que tiveron acceso, os informes sectoriais "estarían desfasados en dez anos". Natalia Gonzalez tamén deixaba constancia da preocupación de que o informe de xefe de planeamento "atribuíse ao propio alcalde a potestate de aprobar o plan e consideralo vinculante ao non haber alteracións troncais", informe que estaría validado pola asesoría xuridica pero non pola intervención que alerta de "vicios no procedemento" e atribue ao pleno a "competencia da aprobación"

Dende o Psoe lembraban como no seu día Jácome apartou a edil popular, Sonia Ogando das suas competencias de urbanismo porque non se aceptaban as suas propostas para o plan e tamén mencionaba un informe do PP ao que puideron acceder que revela que "faltan informes de altos funcionarios e que Jácome poderia presuntamente incurrir nunha desviación de poder".

Dende o GMS sinalan que van a facer seguemento dun plan que consideran debe ser "riguroso" e "exposto ao público" e que "non debe aprobarse sen consenso político". Do contrario sinalan que poderían tomar "medidas contundentes" contra o goberno local.