A Agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense realiza o vindeiro sábado 22 de outubro un Foro debate para atallar a problemática do “Botellón” na cidade de As Burgas e analizar alternativas e solucións. O Foro, “aberto á cidadanía”- tal e como explicou a secretaria local, Natalia González- terá lugar no salón do restaurante San Miguel ao longo de todo a mañá e estará moderado polas Xuventudes Socialistas de Ourense e animan a tódolos colectivos implicados dende colexios, Anpas e asociacións a que se sumen e participen.
O único fin deste foro, expuxo González, é lograr alternativas e solucións dado que pasan os anos en Ourense e os veciños e veciñas continúan a convivir co problema sin que a Xunta, a Deputación e o Concello plantexen solucións e fagan o que lles corresponde.
Os socialistas abren este debate posto que o Concello leva 8 anos de goberno dos populares e de Democracia Orensana mirando cara outro lado pese ás reiteradas ocasións nas que se solicitou que se reactivase e se puxese en marcha a ordenanza do Botellón por parte do grupo municipal socialista, da que nada se sabe ata o de agora.
Natalia González considera necesario este plantexamento dende a agrupación municipal socialista como continuación da “folla de ruta de cara ao cambio de goberno no vindeiro 2023” para que haxa “alternativas sobre a mesa” e se teña en conta á xente moza que representará “o futuro de Ourense”.