MOCIÓN CENSURA OURENSE

O PSOE convida a PP e BNG a asinar o 'pacto da concordia'

Os socialistas decidiron dar un paso "formal" para proporlle a PP e BNG que se comprometan a asinar unha alternativa real ao goberno de Jácome

Jesús Álvarez

Ourense | 11.06.2024 11:38

Natalia Gonzalez
Natalia Gonzalez | onda cero

O grupo municipal do Psoe no Concello de Ourense decidiu dar un novo paso para tentar formalizar unha alternativa "real" de goberno "alternativo" e "estable" a Jácome e convidou a PP e BNG a suscribir o que denominan “Pacto da Concordia”. Sinala a voceira do grupo municipal do Psoe, Natalia González que se trata de xuntar "14 compromisos irrenunciables para rematar ca parálise, o desmantelamento dos servizos sociais e o colapso económico e funcional que padecen o Concello e a cidade".

A voceira socialista Natalia González entende que "deberían ser PP e BNG quenes abrisen este espazo de entendemento" pero pídelles "que deixen a un lado as suas diferencias políticas e poñan a Ourense por diante". Para a tamén secretaria da agrupación local do Psoe "é momento da política con maiúsculas, da valentía e de apostar por cambiar o futuro".

Natalia González afirma ademáis que "teñen claro que a proposta tiña que partir de nós porque somos o único grupo que ate o de agora acadou consensuar ou achegar posicións co PP e BNG ante problemas ou proxectos chave para cidade, priorizando o interese público sobre o interese partidista".