Concello de Ourense

O Psoe denuncia a "autentica chapuza" das obras realizadas no Tinteiro

O grupo municial socalista esixe coñecer o custe das obras realizadas e que se informe dos motivos polos cales se producen alteracións na temperatura da auga con propiedades.

Óscar Gómez

Ourense | 20.09.2023 08:09

O Psoe denuncia a "autentica chapuza" das obras realizadas no Tinteiro
O Psoe denuncia a "autentica chapuza" das obras realizadas no Tinteiro | onda cero

Os e as socialistas do Concello de Ourense lamentan que, despois de meses denunciando o total abandono da Fonte do Tinteiro por parte do Goberno municipal dende a plataforma Amigos das Termas e os diferentes grupos políticos, Jácome procedera a encargar unhas obras de reparación que, unha vez rematadas, resultaron ser "unha auténtica chapuza".

Inciden, neste senso, na eliminación total das zonas existentes de lavado de pés do entorno da fonte, a pesares do seu uso frecuente por multitude de usuarios e usuarias. Ademais, sen coñecer o criterio que guiou a decisión, pode apreciarse que se tapou con madeira de inferior calidade a canalización existente. “O alcalde levou a cabo unha actuación para recuperar o espazo, mais sen conseguilo. E como se pode observar, perdeuse durante o proceso parte da identidade que tiña a fonte”, expuxo o concelleiro do PsdeG-PSOE, José Ángel Vázquez Barquero.

Tamén critican os e as socialistas do grupo municipal o resultado do repintado das estruturas metálicas da contorna, de cor vermello, e consideran que non é apropiado debido ao impacto visual que produce. "Non vai en consonancia co resto de estruturas de este tipo que se ubican á carón do río nos entornos termais de referencia da cidade", subliñan.

Ademais, a temperatura da auga diminuiu considerablemente, segundo trasladan dende Amigos das Termas, e en ocasións sae prácticamente fría para sorpresa dos usuarios e usuarias. Por todo isto, o grupo municipal socalista esixe coñecer o custe das obras realizadas e que se informe dos motivos polos cales se producen alteracións na temperatura dun auga utilizada por moitísimas persoas para fins terapéuticos debido as súas propiedades.

O concelleiro tamén destacou que, trala actuación levada a cabo na zona do Tinteiro polo Executivo local que liderou Paco Rodríguez, tanto o PP como Democracia Orensana deixaron de realizar as obras de mantemento que o lugar precisaba. “O resultado foi a degración máis absoluta co paso dos anos”, rematou.