Ourense Cidade

O Psoe denuncia que o concello segue sen aprobar as axudas a autónomos

O PSOE logra os apoios do Concello para que se inste á Xunta a que se habilite un centro de educación infantil na Carballeira

Óscar Gómez

Ourense | 20.07.2020 08:29

Rafa Villarino Psg-Psoe
Rafa Villarino Psg-Psoe | La Voz de Galicia

O grupo de Goberno do Concello de Ourense segue sen aprobar as bases das “prometidas e anunciadas” axudas a autónomos e PEMES, mentres tratan de ocultar a súa inoperancia cunhas axudas que “non dan chegado”, mentres noutros concellos socialistas como o de Lugo xa levan quince día cobrándoas, e propoñendo mocións que os único que destapan é o “servilismo” dos de Pérez Jácome con Manuel Baltar. Unha moción calificada polo voceiro dos socialistas, Rafael Rodríguez Villarino, como “ridícula, irrelevante e sin fundamento” e sen unha “base argumental” que a sosteña.

O voceiro destacou tamén a manipulación realizada polo Partido Popular de Baltar co informe da Abogacía do Estado, que a Deputación se negou a facilitar. No informe advírtese da falta de informes preceptivos e vinculantes e sinálase que é a Xunta de Galicia a quen lle compete examinar a súa legalidade e non á Administración Xeral do Estado.

O documento incide na necesidade da existencia de dous informes previos –un da administración competente que sinale a inexistencia de duplicidade e outro informe sobre a tutela e a sostenibilidade finacieira das axudas- dos que o expediente achegado pola Deputación non existen tales informes. Mentres tanto, o Partido Popular, coa voceira municipal, Flora Moure, á cabeza segue a ser cómplice necesario dos encubrimentos da realidade aos cidadáns e de enganar aos autónomos, desvirtuando a mensaxe e insistindo na vulneración de dereitos por trasladar unha pregunta sobre un proceso viciado dende o inicio , rematou Villarino, quen recordou as numerosas ilegalidades destapadas polos socialistas sobre a filtración de documentos reservados e información privilexiada unha semana antes da publicación no BOP das bases.

O Psoe impulsa apostar por acoller a axencia de supervision da intelixencia artificial. Foto de archivo
O Psoe impulsa apostar por acoller a axencia de supervision da intelixencia artificial. Foto de archivo | Psoe Ourense
co

PP e DO, en contra dunha nova ubicación para a canceira municipal

O PSOE logra os apoios do plenario do Concello para que se inste á Xunta de Galicia a que se habilite un centro de educación infantil na Carballeira nas instalación do CEIP Manuel Luis Acuña despois de que saíse adiante a moción por unanimidade de tódolos grupos. O concelleiro, José Rúas, resaltou a súa gratitude á corporación, e destacou que aínda que as mocións non sexan “vencellantes” depende do equipo de goberno que a moción non “durma o soño dos xustos” e que lle recorden a Feijóo non só “Galicia, Galicia, Galicia”; senón tamén “A Carballeira, A Carballeira, A Carballeira”.

O grupo de goberno votou en contra de buscar unha nova ubicación para a canceira municipal de cans e gatos, na moción presentada polo PSdeG-PSOE da cidade e os votos a favor de Ciudadanos, BNG e PSOE. Unha medida que amosa a “falta de compromiso” coa protectora, por parte de goberno despois de que as obras de reforma que xa resultaban “insuficientes” e terían que ter empezado no mes de agosto estén agora mesmo paralizadas, tendo que iniciarse de novo o expediente e o servizo fose un dos máis “desleixados” durante a pandemia da COVID-19 tendo que realizar campañas propias para poder alimentar aos animais en acollida.

Os socialistas tamén denuncian a “falta de coherencia” dos populares xa que con anterioridade presentaran unha emenda, que non entrou en prazo, na que sí avalaban esa nova búsqueda dun emprazamento que cumprise coa normativa vixente. Por elo, os socialistas piden que se deixen de “excusas e demagoxia” e traballen para cumprir coas necesidades dun servizo prioritario e cada día más denostado.

Por outra banda, o Partido Popular e Democracia Ourensana negaron tamén a existencia dunha fenda dixital ao votar en contra da moción socialista –votos en contrar de PP, e DO, ao ausentarse tres concelleiros do goberno, e votos a favor de BNG, Ciudadanos e PSOE- e negándose a facer un grupo de traballo para que ningún rapaz se quede sen ordenador nin conexión a internet para poder paliar os seus déficits educativos, asegurou o voceiro Rafa Villarino. Este foi unha das primeiras eivas que se presenciaron durante a confinamento e o peche dos colexios e que afectou sobre todo a nenos con necesidade educativas especiais, por eso, resulta de vital importancia para o PSdeG dentro do desenvolvemento educativo dos menores, finalizou Villarino.