Ourense Cidade

O Psoe denuncia o uso desorbitado de cartos públicos no último carnaval

“A falta do cómputo definitivo de todos os gastos do entroido, reafirmamos as nosas denuncias en canto ao desorbitado uso electoral de fondos públicos por parte de Jácome”, indica a portavoz do grupo do PSdeG, Natalia González.

Óscar Gómez

Ourense |

O Psoe denuncia o uso desorbitado de cartos públicos no último carnaval
O Psoe denuncia o uso desorbitado de cartos públicos no último carnaval | onda cero

Os socialistas critican o desembolso interesado de cartos públicos por parte do alcalde de Ourense. “A falta do cómputo definitivo de todos os gastos do entroido, facilitados polo goberno municipal á oposición, reafirmamos as nosas denuncias en canto ao desorbitado uso electoral de fondos públicos por parte de Jácome”, indica a portavoz do grupo do PSdeG, Natalia González Benéitez.

“Cada día está máis claro que a política de pan e circo do rexedor para intentar mercar votos e se facer autobombo está a repercutir no maior desmantelamento social e económico do Concello de Ourense de toda a súa historia”, engade logo de coñecerse que o executivo local non ten previsión de continuar coas actividades de conciliación nos centros cívicos.

Nesta liña, a tamén sercretaria xeral do partido na cidade sinala que o engano á cidadanía e o despilfarro do diñeiro de todos e todas “en función das prioridades electorais de Jácome levan pasando factura a Ourense dende fai case 5 anos”.

Así mesmo, indica que, “a medida que se incrementa o gasto en orquestras e asesores” do executivo de DO, “redúcense axudas sociais, recortanse servizos de conciliación, precarizanse cada dia máis os aqueles de carácter esencial, péchanse dotacións municipais e crece a hipoteca do Concello mentres a cidade languidece”.