Reforma Laboral

O Psoe destaca como un "fito histórico" a aprobación da reforma laboral

Os socialistas critican a postura de PP e BNG aos que acusan de “non ter altura de miras políticas” e de estar instalados no “bloqueo” continuado pondo “pedras no camiño para que o pais non avance”

Óscar Gómez

Ourense | 04.02.2022 12:09

Yolanda Díaz se encara a Vox: "Si algún día llegan al Gobierno tendrán huelgas y manifestaciones masivas"
Yolanda Díaz se encara a Vox: "Si algún día llegan al Gobierno tendrán huelgas y manifestaciones masivas" | Yolanda Díaz se encara a Vox: "Si algún día llegan al Gobierno tendrán huelgas y manifestaciones masivas"

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca como un “fito histórico” a aprobación da reforma laboral que por “primeira vez” nace do consenso coas organizacións sindicais e empresariais para mellorar as condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras. Os socialistas critican a postura dos partidos que votaron en contra, especialmente do PP e o BNG, aos que acusan de “non ter altura de miras políticas” e de estar instalados no “bloqueo” continuado pondo “pedras no camiño para que o pais non avance”.

Os deputados no Congreso, Adolfo Pérez Abellás e Uxía Tizón, e o senador, Miguel Bautista, destacan a importancia dunha reforma laboral “moderna e adaptada aos tempos” e subliñan que “é un éxito do país, que busca apostar polo emprego de calidade e deixar atrás décadas de precariedade, fomentado polo modelo do PP, baseado na degradación salarial”. Os socialistas tamén critican a postura dos nacionalistas do BNG asegurando que “é incomprensible que un partido progresista prefira manter a normativa regresiva aprobada a dedo e sen acordo polo goberno de Mariano Rajoy, antes que esta nova lexislación que nos sitúa á vangarda dos dereitos sociais e laborais de Europa”.

El error de Batet que generó máxima tensión en el Congreso al asegurar que la reforma laboral no salía adelante
El error de Batet que generó máxima tensión en el Congreso al asegurar que la reforma laboral no salía adelante | El error de Batet que generó máxima tensión en el Congreso al asegurar que la reforma laboral no salía adelante

A reforma laboral aprobada na tarde de onte no Congreso dos Deputados por un único voto de diferencia supón “un gran avance na defensa dos traballadores”, segundo expresan os socialistas. Abellás, Tizón e Bautista salientan que con esta nova leu de emprego “penalízase a contratación de corta duración, incentívase a contratación indefinida e o emprego estable, recuperase o convenio sectorial, vólvese a ultractividade indefinida dos convenios colectivos e impúlsase a formación das persoas traballadoras con dous novos tipos de contrato: o de formación en alternancia e o contrato para a adquisición da práctica profesional”. Os representantes dos socialistas ourensáns en Madrid tamén destacan que a reforma laboral “crea instrumentos de flexibilidade interna para etapas de crise e tamén para sectores en transición, co obxectivo de que o despido sexa a última opción”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense tamén fan fincapé en que “fronte a maneira de gobernar do PP, baseada na imposición e que obvia o valor engadido do diálogo social, os socialistas fomos capaces de contar cun acordo das organizacións sindicais e empresariais á hora de aprobar as principais medidas para facer fronte a crise xerada pola pandemia”. Os socialistas destacan que durante o goberno de Pedro Sánchez asináronse ata 13 acordos no marco do diálogo social, tales como “os seis acordos en defensa do emprego, para prolongar e readaptar a figura dos ERTEs as diferentes fases da pandemia, todos eles rubricados polas organizacións sindicais e empresariais; a Lei Rider, que supuxo que os repartidores a domicilio empregados polas plataformas saian da situación de falsos autónomos na que se atopaban; a Lei de Traballo a Distancia; dous acordos para a subida do SMI; a normativa pola que se obriga a ter plans de igualdade e un rexistro salarial nas empresas; o acordo para garantir o poder adquisitivo dos pensionistas e asegurar a sostibilidade do sistema público de pensións; e por último, consensuar o texto da reforma laboral, fronte a reforma do PP, que foi brutalmente imposta”.

abellas-tizon-e-bautista
abellas-tizon-e-bautista | onda cero

Para Abellás, Tizón e Bautista con esta reforma laboral “remátase coa precariedade e temporalidade impulsada por Rajoy” e afirman que da man do PP “a taxa de paro nunca estivo por debaixo do 15%, acadando o país os 6 millóns de parados”. Fronte a esta situación, os socialistas defenden que o seu modelo, a pesar da crise xerada pola pandemia, “situou a taxa no 13,3 %, a máis baixa dende 2008 e ademais con medidas como a subida do SMI e a mellora das condicións laborais dos traballadores”. Dende o PSdeG-PSOE de Ourense tamén apuntan que da man do PP, “a sociedade viviu unha etapa de despidos masivos, que hoxe os socialistas substituímos por outras figuras de flexibilidade interna e cambiamos os EREs polos ERTEs”.

Os socialistas afirman por último que “onde había desemprego, xeramos emprego e onde había traballos mal remunerados e pensións inxustas, traballamos para conseguir salarios e pensións dignas”.