O PSdeG-PSOE de Ourense lembra aos retornados emigrantes de Alemaña que no ano 2022 as pensións que reciban do país xermano subirán o 1 de xullo un 5,2%. Dado que no ano 2021 non houbo subida, o centro pagador Deutsche Rentenversicherung non emitirá o certificado correspondente. O secretario provincial de emigración en funcións, Luís Gulín, recomenda aos retornados de Alemaña que “conserven o último certificado do ano 2020 e o que reciban nas próximas semanas para a próxima declaración da renda”.
A partires de este mes de xaneiro as cotizacións para o seguro médico e o seguro de dependencia as entidades chamadas Krankenkassen subirán un 1,5%, que por sentencia do TEAC do ano pasado xa son recoñecidos como gastos deducibles na declaración da renda.
O socialista, Luis Gulín, informa que os retornados de Alemaña “non están obrigados a pagar o 5% a Axencia Tributaria de Alemaña sempre e cando os rendementos netos anuais totais do ano fiscal 2021 sexan inferiores a 9744 euros”. Para o ano fiscal 2022 está fixado o límite en 9984 euros. “Os que teñan pendentes o pago do ano 2020 o límite está en 9408 euros anuais”, explica o representante en funcións da emigración dos socialistas ourensáns.
Esta exención hai que solicitala a Axencia Tributaria de Alemaña aportando certificado de ingresos da Facenda española e certificado negativo da Seguridade Social no caso de non ter dereito a prestacións en España. “A pesares de todo, os emigrantes tributaron sen estar obrigados, pódese reclamar a devolución a Axencia Tributaria xermana aportando os mesmos documentos para solicitar a exención”, apunta o secretario provincial de emigración en funcións.
Dende a secretaría provincial de emigración en funcións lembran aos retornados de Alemaña que perciban a maiores unha pensión complementaria da empresa, a denominada Betriebsrente, que “durante este mes de xaneiro teñen a obriga de enviar unha fe de vida a entidade pagadora”. De todos modos recoméndase contactar coas entidades xestoras responsables de estas pensións complementarias por si de oficio xa mandan elas a documentación correspondente.