“O Ourense ideal de Jácome foi un pesadelo”. Con esta frase comezaba a voceira do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia González o resume do primeiro ano do novo mandato de Gonzalo Pérez Jácome ao fronte da alcaldía ourensá. González culpaba ao rexedor de ser o responsable de “recortes” e “caos” e brindaba diálogo aos outros grupos da oposicion, BNG e PP para que "den un paso máis" se queren sacar a Democracia Ourensana do goberno sempre "poñendo por diante o interés de Ourense".
Anque explícitamente non plantexou a posibilidade dunha "moción de censura", a voceira do Psoe no Concello de Ourense deixou claro que os socialistas fan este ofrecemento no marco da sua "autonomía municipal" e pedíndo ás cùpulas galegas dos partidos "que actúen con valentía para sacar á terceira cidade galega do estado crítico no que se atopa". Maís específicamente, Natalia González pedía ao PP que "deixase atrás o lastre dos pactos con Jácome" e ao BNG que "pensara ben se quería que Jácome se mantivese no poder" logo de que os nacionalistas reiterasen en varias ocasións que non querían a Jácome pero tampouco ao PP "por ser corresponsable da situación".
González aseveraba que con Jácome "Ourense está nunha ditadura" e o culpaba de "deixar ao concello en bancarrota, de desmantelar os servizos sociais, convertindo ao consistorio nunha oficina de colocación de Democracia Ourensana”, ao tempo que reprochaba que non fose quen de aprobar uns orzamentos e facéndoo responsable dos "impagos a traballadores e proveedores". Ademáis responsabilizaron ao rexedor ourensán de "seguir sen novo plan de urbanismo ou de non ter resolto as situacion das concesionarias en precario"
Dende o Psoe tamén denunciaron un "apagón termal e do descontento co transporte público" acusando ao rexedor ademáis de "terse convertido no presidente dunha comisión de festas". Doutra banda, foron especialmente críticas co traslado do CIMM e pola "ausencia de políticas de igualdade" asegurando que a Jácome "pouco lle importan as mulleres".
A voceira do Psoe, Natalia González preguntou a Jácome polas promesas incumplidas dende hai cinco anos e cuestionouse qué acontece co "parque acuático termal, a plantación de dezmil árbores ou a conversión do museo municipal nun museo do viño".