Ourense Cidade

O Psoe de Ourense aposta por construír no barrio da Ponte vivienda públicas

O candidato socialista á alcaldía da cidade amosou o seu compromiso para recuperar e rehabilitar vivendas que sexan accesibles para as persoas con mobilidade reducida e os sectores en risco de exclusión social.

Óscar Gómez

Ourense | 24.04.2023 13:08

O Psoe de Ourense aposta por construír no barrio da Ponte vivienda públicas
O Psoe de Ourense aposta por construír no barrio da Ponte vivienda públicas | onda cero

O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez, afondou nas medidas da política de vivenda do programa electoral para a cidade no caso de gañar as eleccións do 28 de maio. Aparte da xa anunciada creación de empresa municipal de aluguer, o goberno socialista estima poder construír na cidade o 1,5% das 43.000 vivendas públicas prometidas polo presidente de España, Pedro Sánchez. Acompañouno na súa intervención Alfonso Pavón, arquitecto e xefe do servizo de licenzas urbanísticas do Concello.

“Hai un par de semanas, cando presentamos as ideas principais do noso programa, xa fixei como unha liña absolutamente prioritaria o grave problema de acceso á vivenda pública. Dixen que, a consecuencia destas décadas cedendo toda a actividade residencial ao mercado privado, somos o país con menos vivenda pública de Europa. Isto afecta, especialmente ás persoas novas ou con rendas baixas”, lembrou o socialista.

Nesta liña, incidiu en que o mercado é incapaz, por si mesmo, de asegurar o dereito constitucional a unha vivenda digna posto que responde a uns lexítimos intereses privados. Mais isto debe servir de revulsivo á Administración pública para poñer remedio aos prezos abusivos de alugueres. “A recuperación, rehabilitación e adaptación de vivendas xa existentes é un modo de facelo. Pero tamén destinar máis solo para a construción de vivenda nova”, afirmou ante os medios.

“A nosa proposta axústase á exposta polo executivo estatal, que se anunciou a semana pasada, de construír 43.000 vivendas públicas. En Ourense temos o terreo preciso para elo, os estudios previos elaborados desde fai 12 anos e incluso un acordo que eu mesmo asinei co Ministerio de Fomento que podería servir realizando nel uns mínimos axustes”, destacou sobre a viabilidade e inmediatez coa que se poría en marcha a iniciativa.

Así e todo, Paco Rodríguez insiste en retomar o acordo asinado en 2011 con Adif para executar, nun prazo razoable de tempo, o proxecto inicial de 800 vivendas públicas nos 134.000 metros cadrados excedentes do complexo intermodal diseñado no barrio da Ponte. Con isto non só se cubriría a demanda total de solicitantes da cidade, senón tamén da provincia. “A medida moderaría os prezos, tanto dos alugueres de vivendas privadas como das ventas, pola simple regra de competencia. A vontade política do presidente do Goberno de facer á vivenda o quinto piar do Estado de Benestar, vai atopar en min, no meu equipo e no Concello de Ourense o apoio e a colaboración máis entusiasta se a cidadanía nos da a súa confianza o 28 de maio”, subliñou Paco Rodríguez.

Destacaron tamén os socialistas na rolda de prensa a iniciativa impulsada polo presidente, Pedro Sánchez, para situar no centro do debate o problema da vivenda pública en lugar de poñerse de perfil.

Pactos pola cidade, non en detrimento dela

Preguntado polos medios de comunicación sobre posibles acordos con outras formacións en base ao resultado das eleccións do 28 de maio, o candidato á alcaldía respondeu que non pactará con Gonzalo Pérez Jácome en detrimento do municipio. Nin sequera se con iso conseguise gobernar a Deputación de Ourense: “Nunca, xamais, vendería a cidade por obter unha poltrona nunha institución”.

Tamén trasladou que as sensacións a pé de rúa son “boas” e que a xente está convencida de que urxe “cambiar o goberno”. “A cidadanía ten o mensaxe que está trasladando o PP moi claro e sabe que ese partido non é conciso respecto a se repetiría o pacto dos últimos 4 anos”, rematou na súa intervención.